Sunday 19 de May de 2024

Incendio nun vehículo agrícola na DP-6503 á altura de Carcacia, no Concello de Padrón


Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 12:26 deste mediodía dun incendio que afectou a un tractor na DP-6503, á altura da parroquia de Carcacia, no Concello de Padrón.

Na chegada ao lugar, os bombeiros identificaron a orixe do lume nun tractor que estaba ardendo á beira da vía, provocando que o lume se propagase a unha masa forestal anexa. O operativo despegado consistiu na extinción tanto do vehículo como do terreo, así como na posterior comprobación das medicións térmicas para desbotar unha posible reactivación do lume e na limpeza da vía.

A Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela e o GES de Padrón completaron o operativo.

Deja un comentario